Saltar ao contido

Pobo guahibo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pobo guahibo
Tocando o jiwabürü, no estado de Amazonas (Venezuela).
Poboación
Poboación total:
~66 000
Rexións principais:
Colombia52 361 (censo de 2018)[1]
Venezuela14 750[2]
Aspectos culturais
LinguaLingua guahibo
Castelán
RelixiónTradicional
cristianismo
Grupos
relacionados
Achagua
Guayupe
Hiwi
Tegua
U'wa

Os guahibo (tamén chamados jivi, jiwi ou sikuani) son un pobo indíxena de Colombia e Venezuela. Habitan nos Llanos do Orinoco, entre os ríos Guaviare, Meta e Arauca, nos departamentos colombianos de Vichada, Meta (Puerto Gaitán e Mapiripán), Arauca, Guaviare e Guainía, e en Venezuela ó oeste dos estados de Amazonas, Bolívar e ó sur do Apure. Son arredor de 66 mil persoas, 52 mil en Colombia e 14 mil en Venezuela.

Forman o grupo máis numeroso da zona de influencia do Orinoco. A súa lingua, a lingua guahibo, forma parte da familia lingüística das linguas guahibanas. Algúns autores relacionaron esta familia coa macroarauaca, como emigrantes da Güiana.

  1. DANE (ed.). "Población indígena de Colombia. Resultados del Censo Nacional de Población y Vivienda 2018" (PDF) (en castelán). Consultado o 16 de abril de 2021. 
  2. Censo de comunidades indígenas de Venezuela 2001; XIII Censo de población y vivienda.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]